Urbanismo

O PP pide á alcaldesa que concrete a ubicación alternativa para as vivendas sociais que se preveían no Castiñeiro

By 24 Setembro, 2023Sin comentarios
  • A voceira popular reclama “que se cumpra o compromiso de materializar a permuta para non perder os fondos europeos e poñer en risco un investimento importante para a cidade de Lugo”
  •  Os populares lamentan que “siga sen materializarse o compromiso para documentar a permuta que deslocalizaría a construción de vivenda pública noutro lugar diferente ao Castiñeiro”

 

  • Os populares temen que si a alcaldesa sigue retrasando e sen concretar a nova ubicación das vivendas públicas podería poñer en perigo os fondos europeos

 

INUNDACIÓNS CASTIÑEIRO

 

  • Os populares tamén comprobaron como “a veciñanza está tremendanete preocupada polas inundacións que se producen nesta zona cada vez que chove” lembrando que “o bipartito enterouse deste problema a través dunhas preguntas que presentou o Grupo Municipal en febreiro de 2023 polo que non poden alegar descoñecemento desta situación”.

 

  • O alcantarillado precario está detrás dos asolagamentos que son xa habituais cada vez que chove e as consecuencias son: rochos   inutilizados, garaxes, baixos, fosos de ascensores e portais afectados. Ademáis as inundacións se agravaron coa construción do paso elevado que hai nas inmediacións da praza.

 

  • Os veciños presentaron escritos advertindo desta situación e recibiron a calada por resposta, neste momento os seguros non se fan cargo de ningún dos deperfectos

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies