Persoal

O PP pide a Alvarellos que se disculpe e asuma responsabilidades políticas pola caza de bruxas que levou a cabo en postos estratéxicos

By 14 Maio, 2024Sin comentarios
  • Mar Carballas: “Calquera alcalde con 2 sentencias demoledoras na súa contra como estas, o primeiro que faría é: no plano político dimitir, e no plano persoal pedir perdón.

 

  • A popular ironizaba que a alcaldesa de Lugo non pode alegar descoñecemento da lei xa que é xurista insistindo en que “este tipo de actuacións evidencian que estamos gobernados por malas persoas e por pésimos xestores”

 

  • Os populares insisten en que é a xustiza a que obriga ao goberno local a incorporar á xefa de persoal que a alcaldesa apartou do seu posto froito dunha decisión política e, tamén, a retrotraer o proceso para contratar á xefa de arquitectura e por tanto recoñecerlle o dereito que tiña a optar a ese posto de traballo

 

  • “Cabería esperar que a dilixencia que tivo a Paula Alvarellos, cando era responsable de persoal, para reunirse coa prensa e verter valoracións subxectivas e datos parciais que non se acompañaban de expedientes completos; a tivese agora para excusarse públicamente coas persoas afectadas”

 

  • “Aquí non se trata de recoñer que houbo un erro, a xustiza é clara e alguén terá que asumir as responsabilidades que lle correspondan” concluía a popular

 

  • Mar Carballas explicou que en materia de persoal o Concello de Lugo suspende rotundamente “intenta facer unha garda pretoriana de afíns, privatiza servizos que poderían prestar con persoal propio e non cubren as vacantes, de feito hai máis dun cento de postos cubertos de forma temporal “trátase das vacantes cubertas por interinos e por persoal en adscripción provisional”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies