
VENRES 8.12.2023
- A concelleira do PP Flor Rubinos solicita que “se eliminen os vertedoiros incontrolados da zona rural e reclama unha maior vixilancia
para evitar a súa proliferación” - Os populares lamentan que pola permisividade do goberno local “cada vez haxa máis particulares que evaden os sistemas de xestión de
residuos e opten por acudir á zona rural onde deixan todo tipo de residuos a ceo aberto, cos consecuentes perxuizos para o medio
natural” - Dende o PP alertan que se non se atalla esta práctica estarían incumprindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relacionado
coa vida de ecosistemas terrestres (1) - Os populares ponen 2 exemplos de depósitos de lixo ilegais o que está no Monte de Toire situado no linde da parroquia de Benade con
Muxa onde hai rodas, cables, restos de pláscticos e escombros e prendas de roupa esperexidas nunha ampla zona. O outro punto
emblemático con desperdicios á beira da estrada está situado na parroquia de Bóveda - Flor Rubinos reflexionaba que o goberno local “lonxe de protexer os intereses dos veciñanza das parroquias e o gran valor natural que hai no municipio, permiten, coa súa pasividade, estas actividades ilícitas, que en moitos casos xeran un perigo enorme para os veciños e o entorno, xa que son focos potenciais de incendios e de contaminación ao medio.
(1) La meta número 5 del o ODS 15 menciona la necesidad de adoptar medidas urgentes y significativas para reducir la degradación de los hábitats naturales, detener la pérdida de la diversidad biológica y, para 2020, proteger las especies amenazadas y evitar su extinción.
La inadecuada gestión de los residuos está directamente relacionada con la pérdida de la biodiversidad. Es imprescindible garantizar su correcto tratamiento para proteger la biodiversidad y minimizar el impacto que tienen en el medioambiente.
SANEAMENTO E SINALIZACIÓN PONTE DE PIÑEIRO
- Flor Rubinos, a modo de recordatorio, reclama ao goberno local que cumpra coa palabra dada o 30 de abril de 2022 cando a alcaldesa
nunha reunión coa veciñanza do barrio de Piñeiro en Muxa adquiría o compromiso de que dotaría a este núcleo dos servizos de saneamento e abastecemento - Hai que lembrar que a maior parte das parroquias de Lugo carecen destas prestacións incumprindo o ODS6 sobre AUGA LIMPA E
SANEAMENTO. - Dende o Grupo Popular tamén presentan unha petición relativa á mellora da seguridade viaria no lugar de Piñeiro na parroquia de Muxa. Solicitan a sinalización dunha ponte que non ten ninguna protección e supón un risco para peóns e condutores.
LIMPEZA DE PISTAS
- Dende o PP tamén reclaman que de forma urxente se faga o mantemento da pista do lugar de Ribas do Miño na parroquia de San
Mamede onde cada vez que chove a auga arrastra a zahorra e lles entra ás casa. Ademáis das molestias que ocasiona a situación da
pista supón un perigo para a seguridade viaria.