Seguridade

O PP pide a Lara Méndez e Rubén Arroxo que se posicionen no vindeiro pleno ante a lei do ‘so si é si’

By 14 Febreiro, 2023No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular pide o pronunciamento da corporación en contra desta lei pola que hoxe quedou en liberdade o coñecido como ‘violador do portal’, que actuou na zona centro e sur de Lugo en 2016, que agora se beneficia desta lei impulsada polo goberno de Pedro Sánchez

A Lei de garantía da liberdade sexual, coñecida como a ‘Lei do só si é si’, vén de facilitar a posta en liberdade do coñecido como ‘violador do portal, un agresor sexual que actuou na zona centro e sur de Lugo en 2016, cando abusou dunha muller en Lugo e tentouno con outra pero que conseguiu escapar.

O Grupo  Popular manifestou que coa posta en liberdade desta persoa xa son 470 os violadores e agresores sexuais os que se benefician da rebaixa das penas da a ‘Lei do só si é si’. “Pedimos á alcaldesa que se poña na pel das vítimas deste agresor e apoie a iniciativa que levamos a pleno”, afirman.

Para os concelleiros populares “non se trata dunha reivindicación dunha cor política. É de sentido común que todos unamos a nosa voz para reformar a lei e evitar que agresores sexuais vexan reducidas as súas penas porque trátase de defender ás vítimas, non aos agresores”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies