Infraestruturas

O PP pide a Lara Méndez garantir a seguridade na Louzaneta e actualizar o proxecto de soterramento da liña eléctrica para dar unha solución aos tres polígonos

By 21 Decembro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide pide que o Concello de Lugo estude a posibilidade de financiar integramente o custo das obras, sen repercutilo aos veciños, dada a “boa saúde económica das arcas municipais” da que presume Lara Méndez

Lara Méndez segue a facer gala da súa “falta de transparencia e opacidade” na xestión á fronte do Concello de Lugo e a xuntanza que mantivo con veciños da Louzaneta para abordar o soterramento da liña de media tensión non foi menos.

Antonio Ameijide lamenta que Lara Méndez so convocou aos residentes do polígono 1 da Louzaneta, a pesar de que o soterramento da liña de media tensión afecta aos tres polígonos da zona, e nesta xuntanza a rexedora aludiu a custes do ano 2018, datos que hoxe en día non son reais.

Para os populares, o goberno local debería de poñerse a traballar de inmediato na actualización do proxecto e no seu desenvolvemento para dar unha solución aos residentes nesta zona. “E se a saúde das arcas municipais é tan boa como presume Lara Méndez, despois de 10 anos prometendo unha solución, debería de facer as obras e non repercutirllas aos veciños”, indicou.

Ameijide tamén pregunta á rexedora “por que non acudiu a reunión con enxeñeiros municipais”, por ser os técnicos que máis saben da materia, xa que decidiu asistir á xuntanza co interventor municipal.

Os populares levarán a pleno a petición de axilización dos traballos e realizar un estudo integral de todas as necesidades para poder recibir o Concello os terreos. Cómpre garantir uns servizos mínimos, como limpeza e iluminación viaria, pero sobre todo a seguridade xa que é unha zona que sufriu numerosos roubos en vivendas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies