Infraestruturas

O PP pide a Lara Méndez que dote de abastecemento e saneamento ás vivendas e empresas da Louzaneta que carecen destes servizos

By 20 Marzo, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide destaca que hai veciños e empresas nesta zona que non teñen acceso a estes servizos pese a que as canalizacións pasan, nalgún caso, a uns 10 metros de distancia

Un dos grandes debes que ten Lara Méndez no seu haber é a falta de investimentos para dotar de servizos básicos como saneamento e abastecemento ás parroquias. Un problema que non se circunscribe unicamente á zona rural, xa que a pouca distancia do centro da cidade, no entorno do polígono da Louzaneta conviven cada día con este problema.

Antonio Ameijide explica que os afectados por este problema puxéronse en contacto co Grupo Municipal Popular para reivindicar estes servizos e atopar posibles solucións. O máis sorprendente, neste caso, é que algunha das vivendas e naves afectadas está a poucos metros (nalgún caso a uns 10 metros) da canalización de saneamento xa existente, polo que “non se entende que sigan sen ter a posibilidade estar conectadas a este sistema de evacuación de residuos”.

O vicevoceiro popular lamenta a falta de interese do goberno de Lara Méndez á hora de desenvolver o plan parcial da Louzaneta, algo que o Grupo Popular defendeu en varios ocasións en pleno, pero ante o que PSOE e BNG decidiron votar en contra. “É unha mágoa a falta de coherencia do goberno local, que sempre pide iso á oposición pero que á hora da verdade votou en contra de retomar de inmediato os trámites para desenvolver o plan parcial do polígono da Louzaneta, unha promesa que Lara Méndez fixo aos industriais da zona en 2018, pero que segue a estar dentro dun caixón”, lamentou.

Antonio Ameijide tamén recorda ao goberno local a necesidade de limpar a rede de drenaxe e as cunetas neste polígono xa que pola cantidade de lixo que ten dentro provoca que se aneguen dúas vivendas da zona, cos conseguintes danos materiais para estes veciños.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular recordan que a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local establece que son os municipios, é dicir: os concellos, os encargados de prestar os servizos de abastecemento de auga potable e de sumidoiros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies