Infraestruturas

O PP pide a Lara Méndez que recapacite ao iniciar a peonalización sen consensos e cun plan de tráfico dañino que os veciños critican

By 2 Maio, 2023Sin comentarios

Os populares destacan que a alcaldesa decidiu aplicar “o seu habitual rodillo” tamén á veciñanza ao manter a súa decisión de desviar o tráfico pola rúa Nova pese ás reiteradas peticións do PP, da veciñanza e das asociacións para realizar un plan alternativo que garanta a seguridade

Hoxe comezaron as obras de peonalización do casco histórico, uns traballos nos que Lara Méndez decidiu aplicar aos lucenses o mesmo rodillo que aplica nos plenos do Concello de Lugo: manter as súas decisións, sen buscar consensos nin escoitar a ninguén, a pesar de que estes traballos vaian a afectar directamente a moitos veciños e empresarios do centro da cidade.

Recordan os concelleiros populares que a semana pasada tanto a alcaldesa como o vicealcalde negáronse a apoiar no pleno unha proposta do PP para redeseñar o plan de tráfico destas obras que prevén desviar o tráfico das rúas Bolaño Rivadeneira e Montevideo pola rúa Nova, unha vía estreita, de entre 5 e 6 metros de ancho, que hai 24 anos que é peonil, e na que conflúen centos de vehículos.

Hai menos dun mes, Lara Méndez afirmaba que o plan de tráfico “non estaba pechado” pero tras ver como se nega a escoitar á veciñanza e ao PP queda claro que “a rexedora mentiu unha vez máis e non lle importa ningunha opinión máis aló da súa propia”, chegando dende o goberno local a insultar aos representantes da asociación que defende aos veciños, autónomos e empresarios do centro.

O plan de tráfico de Lara Méndez “é un despropósito” e o peor é que “en ningún momento tiveron a mínima intención de buscar consensos” cando semella que o máis lóxico sería “desviar todo o tráfico pola Praza do Ferrol, habilitando a porta de San Fernando de dobre sentido de circulación”.

O que conseguirá Lara Méndez, coa complicidade de Rubén Arroxo, é que pola Rúa Nova, unha vía pola que camiñan miles de persoas a diario, haxa miles de vehículos circulando cada día por unha rúa que ten un ancho de entre 5 e 6 metros.

Para os populares queda claro que canalizar o tráfico pola rúa Nova “é un erro” poñendo de relieve que “non se poden levantar ao mesmo tempo a Praza do Ferrol e Montevideo e Bolaño Rivadeneira sen crear perigos innecesarios” xa que se trata dunhas zonas que concentran accesos a aparcadoiros públicos e privados, un colexio, un instituto, numerosos comercios e negocios, un centro de saúde e un hospital. “Quen van asumir os danos na rúa e as perdas dos negocios?”, preguntan.

Dende o Grupo Municipal Popular preguntan ao goberno de Lara Méndez que vai a pasar cando os negocios e comercios vexan como se resinte a súa facturación “froito da improvisación de PSOE e BNG”, algo para o que dende o Partido Popular “poñémonos a disposición dos afectados para axudar en todo o que precisen, dende analizar o proxecto de peonalización e o plan de tráfico ou tramitar as reclamacións que estimen oportunas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies