OutrosProposiciónTransparencia

O PP pide a Méndez que convoque o debate do estado da cidade e rinda contas do caos, as ocorrencias e incoherencias do seu goberno

By 15 Novembro, 2018Novembro 19th, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide asegurou que “é normal que Lara Méndez intente esquivar esta sesión plenaria para agochar os nefastos resultados do seu déficit de xestión” engadindo que “nós xa sabemos cal é o estado do Concello: PARALIZADO” salientando que “calquera na súa situación estaría avergoñado do lastre para Lugo que representa o seu goberno”

O Partido Popular quere “que a alcaldesa rinda contas no pleno do estado no que está a cidade e do seu balanzo de xestión”. O voceiro dos populares, Antonio Ameijide, explica que “é de recibo facer este exercicio de transparencia que nos brinda o Regulamento Orgánico Municipal no artigo 114 onde se especifica que o goberno ten que celebrar 3 sesións do debate do estado da cidade antes de rematar o mandato”. Por tanto a convocatoria que hoxe reclamou, por escrito, o Partido Popular para o vindeiro mes de decembro será o último pleno sobre o estado da cidade do actual mandato polo que “é a última oportunidade que ten Lara Méndez de defender, o indefendible que é a súa xestión”.

Ameijide asegurou que “é normal que Lara Méndez intente esquivar esta sesión plenaria para agochar os nefastos resultados do seu déficit de xestión”  engadindo que “calquera na súa situación estaría avergoñado de como está a cidade froito da parálise que representa o seu goberno”. Ameijide reflexionaba “se fose un goberno sano e responsable non temería someterse a esta diagnose”.

O voceiro popular asegura que este último ano de mandato estivo plagado polas “ocurrencias e incoherencias da alcaldesa” o que evidencia a súa incapacidade para capitanear Lugo.

Ameijide manifestou que “un dos primeiros argumentos que  avala a improvisación do goberno e a súa falta de proxectos é que estamos a mes e medio de acabar o ano e non temos nin a primeira nova sobre os orzamentos para 2019”. O voceiro popular enumeraba outros dos fracasos máis estrepitosos do goberno socialista de Lugo como son “a incapacidad por desenvolver un plan de mobilidade que facilite o aparcamento e a circulación tanto de vehículos como de peóns en Lugo e tampouco hai avances no novo modelo de transporte público;  seguen bloqueados o Plan Xeral e a actualización do PEPRI; os máis de 20 servizos sen contrato que prestan servizo no Concello; iso por non falar do  caos e conflictos laborais que xerou a alcaldesa dentro do persoal municipal agravándose, nos últimos meses, o descontrol en servizos tan importantes como bombeiros, arquitectura, parque móbil, banda municipal, proximamente policía local … onde nin xefe de servicio hai”.

Dende o Grupo Popular reclaman á alcaldesa un cambio de actitude para que nestes últimos meses de mandato “goberne con cordura e non se deixe levar pola ansiedade e a histeria electoral” poñendo no punto de mira na recente inauguración do lameiro parking do hula “que non reune unhas condicións mínimas e no que se gastaron 120.000 euros nel”.

Por último Ameijide defendeu a posición do seu partido que ao longo deste mandato “ofreceu diálogo e ofreceu a súa colaboración” lembrando as máis de 106 proposicións, con cuño do PP, que se presentaron e se aprobaron no pleno.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies