Os populares temen que os anuncios “da parte socialista do bigoberno de Lugo sexan fume” xa que se descoñece “cando e de que forma se concretarán os 5 M€ prometidos para paliar os efectos do coronavirus, así como, de onde sairán os cartos para pagar o 30% do salario que deixen de cobrar os lucenses afectados por ERTES “
O Partido Popular lamenta que a alcaldesa de Lugo utilice a crise do coronavirus para promocionarse asegurando que “as campañas de autobombo que protagoniza en solitario (tanto en medios de comunicación como nas redes sociais) a parte socialista do bigoberno de Lugo son esaxeradas”. Nese senso, o voceiro popular pide explicacións a Lara Méndez polas axudas económicas anunciadas e “a súa efectividade real” en referencia aos 5 Millóns de euros para paliar os efectos da crise sanitaria do coronavirus así como de como e cando vai a asumir o 30% do salario que deixen de cobrar os lucenses afectados por ERTES.
O popular lembrou que “hoxe acaba o mes e as axudas inmediatas que prometeu a alcaldesa de Lugo a familias, autónomos e empresas non se materializan”. A alcaldesa coma sempre “pon o carro antes dos bois e mentres aos lucenses lles chegan os recibos, as cuotas … non aparecen as axudas, nin se sabe como, a quen e cando se materializarán”.
Carballo pon en entredito algunhas das actuacións da alcaldesa acusándoa de banalizar un asunto tan grave criticando “a campaña de imaxe persoal que está protagonizando xa que resulta escandaloso que se lancen promesas sen concretar”. “Nestes momentos, máis que nunca, o que se espera dun político é seriedade e rigor” reflexionaba o voceiro dos populares.
Por outra parte, os populares dan a benvida ao servizo extra que comezou a funcionar na Praza e no Mercado lamentando que “tivera que vir a crise do coronavirus para poñelo en marcha” e que “coma sempre o goberno de Lugo non estivese preparado e se dese conta tarde da necesidade deste servizo a domicilio, tan necesario para revitalizar a este comercio de proximidade e de calidade”. Carballo reclamou que “non sexa algo transitorio e rudimentarioe que se establezan as canles necesarias para mantelo e profesionalizalo unha vez remate esta crise sanitaria”.
Con respecto á queixa da alcaldesa sobre o material de protección que agarda da Xunta os populares lle reclaman que “utilice a mesma vara de medir e o mesmo grao de esixencia co goberno do Estado que é quen asume ao 100% desta competencia”. Os populares lémbranlle a Méndez que os criterios do reparto que fai o goberno autonómico dependen das directrices que marcou a Fegamp entidade dirixida polo seu homólogo, o alcalde socialista de Vigo.