Sen categoría

O PP pide a PSOE e BNG que clarifiquen a previsión que teñen para crear a praia fluvial do Miño

By 13 Decembro, 2023No Comments

MARTES 12 DE DECEMBRO DE 2023

 

  • O PP pide explicacións sobre o futuro da praia fluvial do Miño indicando que resulta chamativo que “unha vez coñecido o informe do Comité Científico da UNESCO, que se opón á colocación de piscinas flotantes no Miño, o goberno local dé a calada por resposta”.

 

  • Hai que lembrar que o organismo europeo emitiu un informe cuestionando que se faga a zona de baño público de Lugo no lugar elixido e nas condicións establecidas polo goberno local

 

  • Ante o silencio de PSOE e BNG sobre este proxecto os populares anuncian que pedirán información sobre que teñen previsto facer socialistas e nacionalistas para que os lucenses non volvan a pasar outro verán máis sen praia fluvial

 

  • A estas alturas, logo de anos con promesas incumpridas consideran que “os lucenses merecen que se clarifique que van a facer para que a cidadanía de Lugo teña na maior brevidade unha zona de baño pública segura”

 

  • Os populares vén surrealista que se instalase hai máis dun ano (agosto de 2022) o mobiliario vinculado á praia fluvial indicando que a presenza destes elementos “o único que certifica é a incompetencia da alcaldesa á hora de xestionar esta zona de baño pública”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies