SÁBADO 4 DE NOVEMBRO DE 2023
- Flor Rubinos explica que esta ponte era unha servidumbre entre ambas parroquias indicando que “ao caer este paso a veciñanza vese obrigada a dar un rodeo de case catro quilómetros”
- Os populares lembran que había un compromiso do anterior alcalde socialista Xosé López Orozco de arranxar esta ponte pero, co cambio da corporación e a chegada da alcaldesa, gardaron nun caixón o proxecto.
- O malestar dos veciños quedou en evidencia na concentración que protagonizaron esta semana xa que ao estar cortado o paso teñen dificultades para limpar as fincas, sacar a madeira …
- O derrube desta ponte provoca problemas de seguridade vial: por un lado porque a maquinaria agrícola que antes circulaba por este paso ten que dar un rodeo e utilizar a estrada de Meira (N640) que non ten vías de servizo e, por outra parte, tamén supón un risco para ciclistas que utilizan esta ruta xa que, ao non estar indicado o corte da ponte, poden acabar no río.
- Á vista de que as petición veciñais non teñen resposta nin se lles da unha solución, dende o Grupo Popular anuncian que levarán a pleno a reparación desta infraestrutura: “instaremos a Concello e Confederación Hidrográfica Miño Sil a que invistan o que sexa necesario para recuperar esta comunicación entre as dúas parroquias”