Tráfico

O PP pide a retirada dos 63 parquímetros da ORA “desmantelados e abandonados na vía pública”

By 9 Maio, 2021Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide asegura que estes elementos de mobiliario urbano so sirven “para obstaculizar o paso aos peóns,  e  para acumular lixo nos ocos que quedaron logo de que os vándalos os destripasen”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, recorda que “case seis anos despois de que Lara Méndez suprimise o sistema ORA en Lugo, a rexedora semella que se empeñou en que os parquímetros sigan na cidade como elemento cultural a visitar polos turistas”.

Para os populares resulta sorprendente que Lara Méndez “se empeñe en manter este tipo de imaxes que afean o casco urbano e proxectan unha imaxe de deixadez e abandono”. “Antes de que volvamos á normalidade post covid, e antes de que veñan turistas a Lugo den a orde de quitar da vía pública este mobiliario urbano inservible e que, na maioría dos casos destartalado logo de que os vándalos destripasen as máquinas”.

Antonio Ameijide incluso recorda algún episodio desagradable para algún turista xa que debido á “deficiente” sinalización da supresión do sistema ORA  houbo algún turista que tivo problemas cos parquímetros. “Hai motivos máis que suficientes para retirar as máquinas da ORA. Non teñen función algunha e se seguen aí unicamente pode deberse a dous motivos: ou ben Lara Méndez quere engadilos ao patrimonio cultural da cidade ou non ten ganas de traballar e ordenar a súa retirada”, sinalou.

Os populares reiteran que pese ás diferentes propostas do Grupo Municipal, todas elas aprobadas polo pleno municipal, para regular o aparcamento no entorno do casco histórico e outras zonas da cidade nas que é moi difícil encontrar un lugar para estacionar a rexedora segue instalada na súa idea de manter o caos circulatorio en Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies