O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez lamenta que a colocación desta prancha impida a conciliación do sono cada noite debido aos fortes ruídos xerados cada vez que pasa un coche por enriba
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, denuncia as molestias que sofren os veciños da Rúa Ourense, concretamente do treito comprendido entre as rúas Poeta Cabanillas e Anduriña, xa que o Concello de Lugo colocou no chan unha prancha metálica para tapar un bache, unha prancha que provoca molestias debido ao ruído que se produce cada vez que un coche pasa por enriba dela.
Rafael Pérez pide ao equipo de goberno celeridade no arranxo deste problema, xa que durante o día os veciños son capaces de convivir co ruído, pero de noite é un problema para poder conciliar o sono. Un problema que se repite cada certo tempo en diferentes zonas da cidade, xa que en lugar de tapar os baches o equipo de goberno opta por solucións “temporais” que dilatan o problema no tempo e que, como neste caso, “producen molestias innecesarias” aos cidadáns.
Neste senso, o popular anunciou que presentará un rogo en comisión para que se corrixa esta situación o máis axiña posible e evitar que se repita noutras zonas da cidade para evitar molestias aos lucenses.
Blandóns
O concelleiro popular aproveita para recordar que para evitar a aparición dos baches cómpre realizar revisións periódicas do firme na cidade e realizar a reparación daquelas zonas nos que o chan presenta un maior deterioro. Un exemplo foi demoraron varios meses o arranxo dos baches que había na Avenida Duquesa de Lugo, na confluencia coa rúa Montefaro, que apareceron debido aos blandóns que apareceron na vía, blandóns que apareceron de novo pero que o goberno local ignora, pese a que xeran de novo problemas de novo para a cidadanía.
Rafael Pérez recorda que hai meses que dende o Grupo Municipal Popular se denunciou esta situación e o equipo de goberno “nada fixo aínda” para solucionar o novo afundimento que se está a producir na Avenida Duquesa de Lugo. Neste punto concreto, durante moitos meses houbo un blandón que moitos meses dificultou a circulación aos condutores, na unión de Infante Elena e a rúa Monte Faro, atranco que se “parcheou” cunha man de asfalto, pero como o equipo de goberno decidiu non estudar a orixe do problema, a beirarrúa se está a afundir, sen que se decidan a estudar a orixe deste problema.