Os populares fan esta petición tras ver necesaria a colocación dunha varanda na escalinata que hai na parte central da rúa, xa que “é preciso garantir a accesibilidade” e para evitar riscos innecesarios, sobre todo tras ter coñecemento de que hai poucos días caeu un neno polas escaleiras
Dende o goberno local non para de repetir ese mantra de que queren un Lugo para as persoas, pero as súas accións non acompañan as súas palabras. Se hai poucos días Rubén Arroxo inaugurou a obra de peonalización de Rafael de Vega non fixo falta moito tempo para que aparecesen as primeiras voces reclamando máis seguridade na rúa.
Na escalinata que hai na parte central da rúa é precisa a colocación dunha varanda para “garantir a accesibilidade” e para evitar riscos, sobre todo despois de coñecer que hai poucos días un neno caeu polo lateral da escaleira algo que, seguramente, se tería evitado cunha varanda ou outro elemento similar.