Zona rural

O PP pide a traída de auga para catro núcleos de Bocamaos que quedaron fóra das obras municipais

By 14 Setembro, 2020Setembro 21st, 2020No Comments

O concelleiro popular Manuel López explica que os afectados residen nunha trintena de casas situadas á beira da estrada que vai cara a Friol dende a N-VI ata a ponte de Ombreiro

O Partido Popular presentará un rogo en pleno para que se dote de traída de auga potable aos núcleos de Vilardón, Vilar, A Rega e A Ponte. O concelleiro popular Manuel López faese eco da reivindicación dos veciños dunha trintena de casas destes núcleos da parroquia de Bocamaos e que están situadas  á beira da estrada que vai cara a Friol dende a Nacional VI ata a ponte de Ombreiro.

Manuel López explicou que “non é de xustiza que estes catro barrios quedaran fóra da obra da rede de auga que o goberno local está a executar na área que vai dende Meilán pola vía de Ombreiro”.  O popular reflexionaba “se todos os veciños desta parroquia pagan os mesmos impostos non se entende porque se lles exclúe desta obra” reclamando que “o concello faga o proxecto desta traída no menor tempo posible para dar este servizo”.

Os populares agardan que esta petición non caia en saco roto xa que o responsable de medio rural manifestou recentemente que “estaría disposto a ampliar a traída ao resto da parroquia sempre que houbese demandas”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies