Servizos sociais

O PP pide adherirse á Rede Galega contra a violencia de xénero creada hai 5 anos

By 21 Xullo, 2017No Comments

A concelleira popular Mari Teijeiro lamenta  “que nun tema tan sensible como este o goberno local sexa incapaz de impulsar as diferentes ferramentas municipais para a loita coordinada contra esta lacra social”

O Grupo Popular propón ao pleno reactivar as diferentes ferramentas municipais para levar a cabo unha loita coordinada contra a violencia de xénero “estamos falando de mecanismos que deberían estar funcionando a pleno rendemento pero que, inexplicablemente, no Concello de Lugo están desaparecidos” .

En primerio lugar os populares reclaman que Lugo se adhira á Rede Galega de entidades locales subliñando que “é inexplicable que Lugo non se tivera sumado a este fórmula de traballo conxunta creada a raiz dun convenio asinado en 2012 entre a Xunta e A FEGAMP”. A popular defende a necesidade de incorporarse a este protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de Violencia de Xénero. A concelleira do PP explicou que o feito de estar dentro desta Rede facilita o acceso a outros recursos e púntua nos baremos das axudas destinadas á prevención.

A popular Mari Teijeiro explicou que na iniciativa que o Grupo Popular presenta para o vindeiro pleno tamén reclama aos socialistas de Lugo “que creen a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional e que se reactive, dunha vez por todas, a Mesa Técnica contra a Violencia de Xénero creada en 2010 e que naceu co ánimo de reunirse cunha periodicidade trimestral”. Sobre este último organismo Teijeiro lembrou que o seu cometido impulsar a posta en marcha dun Protocolo de Prevención e actuación así como un acordo de boas prácticas que garantan “a existencia dunha rede sólida de resposta e apoio  a nivel local para as vítimas de violencia de xénero”. En seis anos tan só se mantiveron 3 xuntanzas (a constitución en maio de 2010, e outras dúas máis en xuño 2010 e en xaneiro de 2011).

Outro instrumento esencial para a loita contra a violencia de xénero é a elaboración do VI Plan de Igualdade que “os socialistas teñen parado dende hai dous anos”.

A popular agarda unha maior implicación do goberno á hora de utilizar estes instrumentos “Lugo non pode quedarse atrás tense que comprometer máis na loita contra esta problemática social, queda moito traballo por facer”.  A petición que elevamos a pleno contribuirá a mellorar a coordinación e o traballo en rede e de forma transversal non só para dar  resposta e atención ás vítimas senón tamén para anticiparse e previr agresións que non deberan ter cabida na nosa sociedade”, concluiu.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies