Sen categoría

O PP pide ao bigoberno que nas okupacións a particulares se faciliten ferramentas municipais para axilizar os desaloxos

By 29 Agosto, 2022Sin comentarios

Os populares reclaman que “a PSOE e BNG de Lugo que actúen coa mesma celeridade que están a ter no caso da casa okupa da súa propiedade no Carme, que cando se trate dunha okupación dunha vivenda particular”.

“Se a un veciño lle okupan unha propiedade hai que, dende o minuto cero, implicar de forma activa aos Servizos Sociais do concello para analizar a situación das persoas que participan nas okupacións e, tamén, acompañar aos afectados durante o proceso para recuperar a súa propiedade xa que o tempo é vital para desaloxarlos”.

Nese senso lembran que o Grupo Municipal propuxo crear unha oficina de asesoramento xurídico e social a cidadáns afectados por unha okupación ilegal e que PSOE e BNG votaron en contra desta proposta.

Outra cuestión “incomprensible” é que PSOE e BNG se neguen a realizar un informe ou mapa de localización para  situar con claridade os puntos con propiedades okupadas no municipio” xa que “sería unha ferramenta que axudaría a cortar o efecto chamada ou incrementar a presenza policial para evitar os asaltos á propiedade privada nos puntos quentes do municipio”.

Para os populares “a inacción, durante anos, de PSOE e BNG en Lugo provocou o efecto chamada dos okupas en varios barrios como Gándaras, Sagrado Corazón, Milagrosa, A Ponte …”.Cando puxemos propostas sobre a mesa para solucionar esta problemática que preocupa á veciñanza o goberno socialista acusounos de ser “alarmistas” mofáronse do Grupo Popular asegurando que “o problema dos okupas en Lugo era unha invención nosa” e dixeron que “a okupación non é un problema que en Lugo teñamos neste momento”.

Dende as filas populares tamén seguen defendendo un endurecemento da lexislación para poder expulsar inmediatamente aos okupas ilegais nun prazo máximo de 24 horas tras ser requeridos polas autoridades e trala correspondente denuncia.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies