Osconcelleiros do Grupo Municipal do PP poñen de manifesto as queixas realizadas onte polos veciños do entorno do Vello Cárcere despois de que se producisen concentracións de xente no entorno deste centro cultural en actos programados polo goberno local, aglomeracións nas que tivo que intervir á Policía xa que non se respectaban as medidas sanitarias nin de distanciamento social
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo preguntan ao goberno local polas medidas de seguridade programadas para desenvolver as actividades que se realizaron durante esta fin de semana no Vello Cárcere, actividades que provocaron unha aglomeración de persoas nos arredores deste centro cultural, sen que se garantise o cumprimento das medidas de seguridade e distanciamento social estipulados polas autoridades sanitarias.
Ante esta situación, que xerou numerosas queixas por parte dos veciños da zona, os concelleiros populares anuncian que se presentarán preguntas en comisión par coñecer as medidas de control programadas polo goberno local para controlar o cumprimento das medidas de seguridade.
Desde o Grupo Municipal Popular tamén preguntan a Lara Méndez se está de acordo con que unha parte do seu goberno siga a realizar actos que poñen en risco a seguridade sanitaria dos lucenses, despois de que ela mesma pedise este xoves á cidadanía “responsabilidade” xa que os datos sanitarios de Lugo non son bos, algo que ela mesma recoñeceu. “É moi contraditorio que a alcaldesa pida aos veciños que eviten xuntanzas sociais aínda que sexan na rúa e que logo unha parte do seu goberno programe actos sen garantir a seguridade”, sinalaron.