Zona rural

O PP pide ao bigoberno un estudo na estrada de Orbazai a Adai para canalizar a auga e evitar a aparición periódica de baches

By 30 Maio, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López sinala que nesta pista cada ano se producen afundimentos na vía, seguramente por unha fuga de auga, polo que o goberno local debería de poñer unha solución definitiva a este problema

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, faise eco das queixas recibidas por parte de veciños de Orbazai e de usuarios da pista que una esta parroquia coa de Adai.

Explica o concelleiro popular que neste vía hai un problema recorrente, xa que todos os anos aparece un afundimento na calzada de grandes dimensións, seguramente por unha fuga ou vía de auga por debaixo da estrada. Unha situación que cada ano se produce, o goberno local bachea e así constantemente. “Non se trata de parchear e agardar ata o próximo ano”, sinala.

Manuel López pide ao goberno local que realice un estudo para coñecer con exactitude os motivos concretos de que periodicamente apareza ese afundimento, seguramente provocado por unha vía de auga, polo que é preciso ver cal é o mellor método para canalizar esa auga e así garantir o bo estado desta pista.

O certo é que son centos os lucenses que empregan a diario esta pista xa que, ademais de unir estas dúas parroquias, é empregada para acceder a outros núcleos de poboación próximos e tamén porque dá acceso a diferentes instalacións ou empresas.

Neste senso, Manuel López non esquece que se trata dun problema endémico en todas as pistas das parroquias do rural, polo que urxe ao goberno local a realizar tamén un repaso de todas as pistas municipais para proceder ao seu arranxo e aproveita para recordar que en breve será preciso iniciar as tarefas de desbroce, xa que a maleza comeza a invadir as pistas na maior parte das vías municipais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies