Cultura

O PP pide ao bigobierno que se implique no tricentenario do ilustre lucense Doutor Castro

By 19 Marzo, 2021Marzo 21st, 2021Sin comentarios

A concelleira popular explica que co gallo do 300 aniversario da morte deste persoeiro coñecido co alcume de O Misericordioso polo seu altruismo e a súa involucración cos lucenses máis humildes “é unha boa oportunidade para lembrar e divulgar a súa vida e obra”

O Partido Popular, quere que se recupere a placa conmemorativa que identificaba a casa onde viviu e morreu o Doutor Castro situada no número 20 da rúa do seu mesmo nome (coñecida como “calle de las Dulcerías”). A concelleira popular Beatriz Vázquez fai esta petición coincidindo coa celebración do 300 aniversario do nacemento deste persoeiro ilustre de Lugo e insta ao bipartito “a aproveitar esta efeméride para poñer en valor e difundir a vida, a obra e a impronta que deixou este persoeiro na nosa cidade”.

A popular explicou que “en Lugo naceron e viviron moitos personaxes célebres do pasado, algúns son moi familiares e famosos e os lembramos con esculturas como, por exemplo, Ánxel Fole pero outros moitos son descoñecidos como é o caso do Doutro Castro”. “O único tanxible que temos para lembralo é un retrato del, no salón de plenos, e ata hai uns anos a placa que lucía na que foi a súa casa así como algunhas das sús publicacións” aclaraba Vázquez. A popular explica que “esta placa a colocou o Concello no ano 1881 logo da súa morte e de ser enterrado na Catedral de Lugo. Posteriormente foi retirada e gardada en dependencias municipais sen que se coñeza agora cal é o seu paradoiro”.

Por este motivo o Grupo Municipal do Partido Popular presentou un rogo ao PSOE e ao BNG para que “restitúan a placa conmemorativa deste lucense na que foi a súa vivienda” xa que “debemos honrar a este fillo ilustre como se merece”. Tamén se pedirá en Comisión unha implicación da área de Cultura “para poñer en valor a figura do Doutor Castro con distintos actos nos que se de a coñecer a súa vida e obra ao longo deste 2021”.

A Concelleira Beatriz Vázquez utilizaba o dito de “Es de bien nacidos ser agradecidos” para reflexionar sobre a grande débeda que temos os lucenses con todos aqueles persoeiros que como o Doutor Castro, consagraron toda a súa vida a favorecer no que puideron aos seus veciños e antepuxeron a súa vida nesta cidade mesmo renunciando a un obispado en León”.

Reseña Doutor Castro.- Juan Francisco de Castro Fernández naceu en Lugo no 1721 e foi o intelectual máis destacado da Ilustración nesta cidade chegando a ser recoñecido mesmo polo rei Carlos III. Estudou Dereito e Teoloxía en Santiago de Compostela até que se doutorou en Ávila. A meirande parte da súa vida viviu en Lugo onde gañou o apelativo de “O Misericordioso” xa que loitou toda a súa vida por mellorar as condicións dos lucenses máis humildes.

Destacar que foi o promotor dunha fábrica de cerámica e tella na saída da porta falsa de Lugo para dar traballo os veciños máis desfavorecidos. Tamén denunciou cos seus “Discursos críticos coas leis” e outros artigos as malas condicións dos campesiños lucenses. Foi abogado da Real Audiencia do reino de Galicia aínda que mesmo axudaba sen cobrar aos veciños nos seus pleitos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies