Trala comisión especial de contas o voceiro popular Ramón Carballo lamentou que “a Conta Xeral de 2018 chegue á comisión con máis de cinco meses e medio de retraso” e pediu responsabilidade ao bipartito para que “os próximos orzamentos sexan serios e realistas”
O Partido Popular argumenta, con novos datos, a súa tese de que os orzamentos de 2018 “eran ficticios” tomando como base o presuposto de ingresos que figura na Conta Xeral do 2018 e que hoxe se tratou na Comisión Especial de Contas.
O voceiro popular Ramón Carballo explicou que “o PSOE fixo uns previsibles de ingresos de diferentes impostos e taxas que estaban sobredimensionados” detallando que “a diferencia entre esa previsión presupostaria coa recadación neta nalgúns dos principais impostos e taxas ascende aos 13,5M€”. O voceiro do PP indicou que “en tan so sete conceptos observamos un desvío presupuestario, por inflar as contas, nun 28%”.
PREVISIÓN PRESUPUESTARIA RECAUDACIÓN NETA DIFERENCIA
IBI URBANO 21.000.000,00 € 19.638.858,41 € 1.361.141,59 €
IBI RÚSTICO 130.000,00 € 106.458,83 € 23.541,17 €
IMPOSTO VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA 5.907.981,00 € 4.779.926,87 € 1.128.054,13 €
IMPOSTOS INCREMENTO VALOR TERREOS 2.300.000,00 € 1.480.686,54 € 819.313,46 €
IMPOSTO ACTIVIDADES ECONÓMICAS 4.100.000,00 € 3.346.703,45 € 753.296,55 €
TASA SUBMINISTRO DOMICILIARIO AUGA POTABLE 4.947.007,00 € 1.857.032,28 € 3.089.974,72 €
TASA SUMIDEROS 2.648.059,00 € 1.012.618,73 € 1.635.440,27 €
TASA RECOGIDA DE BASURAS 7.977.682,00 € 3.309.314,95 € 4.668.367,05 €
TOTAL 49.010.729,00 € 35.531.600,06 € 13.479.128,94 €
O voceiro popular pide ao bipartito responsabilidade na elaboración dos orzamentos para 2020 xa que “o tempo demostra que os anteriores que deseñou a alcaldesa foron uns orzamentos irreais”. “Polo ben dos lucenses esperamos unhas contas serias e que se axusten á realidade e non semellante despropósito”, reflexionou.
Carballo tamén manifestou que a previsión de ingresos falsos que fixo o Lara Méndez en 2018 se confirma cos datos da morosidade “que en 2018 suma 15.123.184 euros”. O popular alertou de que o bigoberno “está fomentando o impago de impostos en Lugo porque apenas hai control por mor do desmatelamento do servizo de inspección de tributos”.
Por último, Ramón Carballo lamentou que por terceiro ano consecutivo a alcaldesa de Lugo presenta a conta xeral fóra de prazo incumprindo os periodo que marcan as administracións xa que “o pasado 1 de outubro remataba o prazo máximo para aprobar en pleno este documento de control orzamentario”.
Por último , o popular lamentou o silencio cómplice do BNG por “quedar mudos e renunciar ao seu discurso” acusandoos de incoherentes “xa que agora, por intereses partidistas, van a aprobar a conta xeral de 2018 cando, no seu día, rexeitaron apoiar os orzamentos dese exercicio”