DeportesInfraestruturas

O PP pide ao BNG que predique co exemplo e arranxe tamén a rúa Lavanco, que se usa como aparcadoiro do campo de fútbol de As Gándaras

By 9 Maio, 2022Sin comentarios

Óscar Poy sinala que a reclamación realizada polos concelleiros nacionalistas “está moi ben” pero que primeiro deberían de dar exemplo e arranxar a rúa Lavanco, que está ao lado, e que teñen anunciada como aparcadoiro do campo de fútbol

No Grupo Municipal do Partido Popular queren felicitar hoxe aos concelleiros do BNG no Concello de Lugo despois de ver como reclaman ao Goberno Central o arranxo dunha parcela que se emprega como aparcadoiro, ao carón do campo de fútbol das Gándaras.

Unha reclamación “un tanto curiosa”, sinala Óscar Poy, xa que seguramente os edís do BNG coñecen perfectamente que esa parcela pertence ao Ministerio de Defensa, polo que “igual o máis conveniente é que Rubén Arroxo ou Alexandre Penas chamen á porta da alcaldesa, xa que eles deberían ter liña directa con ela, para iniciar as xestións oportunas para asinar un convenio de cesión desta parcela e se empregue como aparcadoiro municipal” que usan a diario centos de lucenses, que se achegan a estas instalacións municipais.

Para iso, o Grupo Municipal Popular defenderá un rogo no pleno deste mes para que o Concello de Lugo inicie as xestións co Goberno central para asinar un convenio para a cesión da parcela que usan a diario centos de lucenses.

Pero o concelleiro popular tamén aproveita para criticar que os concelleiros nacionalistas “esquecéronse, seguramente sen decatarse” de facer unha foto da rúa anexa, a rúa Lavanco, que tamén se emprega como aparcadoiro e que está chea de fochancas. “Compartirmos a petición do BNG para arranxar esa parcela, pero tamén lles pedimos que prediquen co exemplo e arranxen a ´rúa anexa, que é do Concello, e teñen anunciada como aparcadoiro”, sinalou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies