Zona rural

O PP pide ao Concello de Lugo que garanta a seguridade e a mobilidade aos veciños de Coeo nas obras que se están a realizar nos pasos a nivel

By 14 Setembro, 2022Sin comentarios

Rafael Pérez denuncia unha total falta de sinalización previa dos traballos que se están a realizar nestes pasos a nivel e os usuarios dos camiños da parroquia de Coeo non se decatan dos traballos ata que chegan ás obras, poñendo en risco a seguridade e a mobilidade xa que en moitos casos son vehículos pesados os que empregan as vías afectadas

As obras que se está na realiza ren catro pasos a nivel en Coeo está na xerar malestar entre os veciños xa que están a dificultar moito a mobilidade e, nalgún caso a seguridade.

Explica Rafael Pérez que o Concello de Lugo debería de mediar con Adif para replantear as obras xa que as están a realizar nos catro pasos a nivel ao mesmo tempo poñendo en serias dificultades a mobilidade aos veciños. “Deberían dar unha volta a esta opción e buscar o xeito de realizar as obras nos pasos a nivel de xeito escalonado”, apuntou.

Tamén sería bo mellorar a sinalización xa que os condutores non ven ningún tipo de sinal previo que alerte dos traballos polo que os vehículos teñen que dar a volta xusto no punto no que se realizan as obras, obrigándoos a dar a volta en zonas complicadas e, na maioría dos casos, tratándose de vehículos pesados como tractores.

Rafael Pérez pide máis sensibilidade ao goberno local cos veciños das parroquias “xa que queda demostrada unha vez máis a pouca sensibilidade que teñen cos veciños das parroquias deixándoos abandonados unha vez máis e sen axudarlles na súa mobilidade diaria”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies