Tráfico

O PP pide ao Concello de Lugo que inste a Fomento a arranxar as fochancas que presentan as vías de acceso á N-VI

By 4 Decembro, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular reclaman ao bigoberno que xa que teñen “un goberno amigo en Madrid” realicen os trámites oportunos para mellorar o estados destas vías, que soportan unha gran densidade de circulación, xa que son moitos os lucenses que cada día as usan para ir aos seus postos de traballo, as súas casas, levar aos nenos aos colexios ou para camiñar e facer deporte

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo esixe ao goberno local que realice os trámites oportunos ante o Ministerio de Fomento para acadar o arranxo das vías de acceso e servizo da N-VI, xa que nalgúns treitos o seu estado é calamitoso, presentando fochancas de varios centímetros de ancho e fondo.

Os populares explican que o malestar entre os lucenses polo estado destas vías é moi malo xa que son moitos os cidadáns que as empregan para acudir aos seus postos de traballo, as súas casas, levar aos nenos aos colexios ou mesmo para camiñar ou facer deporte. “Xa que este bigoberno ten un goberno amigo en Madrid teñen que facer de intermediarios cos responsables do Ministerio de Fomento e así solucionar os problemas que hai nos accesos á N-VI, unha das vías con maior densidade de circulación no municipio”, sinalou.

O certo é que o goberno local non debería centrarse unicamente nesta reclamación, xa que outras vías de semellantes características presentan un estado calamitoso, como poden ser os accesos á Ronda Norte nas Gándaras e Albeiros.

Ante esta situación, os concelleiros populares, que se fixeron eco das reivindicacións dos usuarios destas vías e dos veciños da zona, puxéronse a súa disposición para empregar todos os medios posibles para atopar unha solución a este problema o máis axiña posible. Por iso, presentarase un rogo en comisión para instar ao Concello de Lugo a poñerse en contacto co Ministerio de Fomento para pedir axilidade na solución deste problema e, cando menos, buscar unha resposta rápida para os veciños.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies