ConsumoLimpezaSeguridadeTransparencia

O PP pide ao Concello retomar a recollida de enseres a domicilio e habilitar un punto limpo a demanda

By 23 Abril, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide sinala que desde a declaración do Estado de Alarma son moitos os lucenses que para ocupar o tempo de confinamento aproveitan para limpar a fondo as vivendas o que se traduce en que moitos electrodomésticos e mobles que se gardaban nas vivendas se tiren porque xa non serven, polo que é preciso reactivar a recollida destes elementos para evitar que se amontoen nas rúas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pide ao bigoberno que retome a recollida de residuos a domicilio na actual situación, xa que en moitas zonas da cidade comezan a amontoarse nas rúas xa que os lucenses aproveitan, entre outras cousas, para limpar a fondo as vivendas durante o confinamento para ocupar o tempo.

Antonio Ameijide explica que ante eta situación, moitos lucenses aproveitan para tirar todos eses “trastos vellos” que se amontoan nas vivendas e nos trasteiros xa que non serven, polo que se tiran, pero en moitos casos non caben nos colectores de lixo. Tampouco se poden levar ata o Punto Limpo de O Ceao xa que debido ás restriccións de movemento derivadas do decreto de Estado de Alarma non se poden levar ata este punto da cidade.

Nesta situación, o concelleiro popular pide ao goberno local que retome a recollida de residuos a domicilio e se habilite algunha alternativa ao Punto Limpo, como a recollida porta a porta, para evitar que todos estes residuos se amontoen nas rúas. “Tomando as precaucións necesarias, como xa está a facer o persoal do servizo de limpeza, poden retomarse este tipo de actividades que axudarían a retirar estes residuos das rúas e que xa derivaron nas primeiras queixas de cidadáns pola imaxe que se está a dar”, sinalou.

O concelleiro popular explica que nesta situación tamén é preciso a creación dun punto limpo a demanda para evitar que se sigan a acumular electrodomésticos e mobles nas rúas ou que poidan aparecer vertedoiros incontrolados nos que se tiren restos vexetais de podas e residuos de todo tipo, restos que os lucenses levan cada día ao punto limpo pero que debido ao confinamento non poden facelo

Por iso, Ameijide pide ao bigoberno que valore seriamente esta medida xa que “somos conscientes” de que o fundamental é desinfectar a cidade e os elementos que hai nas rúas, pero poden realizarse tarefas complementarias coma esta que eliminarían das rúas elementos que non deberían de estar nelas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies