Limpeza

O PP pide ao goberno local a renovación dos colectores do vidro

By 2 Febreiro, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide realiza esta petición tras ver como se están a renovar os colectores de Lugo pero non os do vidro, xa que quedaron fóra do contrato da recollida do lixo, a pesar de que ten un custo de 13,4M€ anuais

Hai unhas semanas que Lugo comezou coa renovación dos colectores do lixo, unha necesidade fundamental xa que a maior parte dos colectores do municipio estaban rotos, sen tapas, con funcionamento deficiente ou, directamente, eran restos doutros concellos. Pero a realidade é que non se están a renovar todos os colectores, xa que os do vidro “non se tocan”.

Antonio Ameijide explica que o goberno de Lara Méndez non está a renovar o colector verde xa que quedou fóra do contrato de renovación dos colectores (encadrado dentro do novo contrato da recollida do lixo en Lugo que ten un custo anual de 13,4M€). Por iso, o popular pregunta “por que quedou fóra da necesaria renovación de colectores” xa que a maior parte deles están rotos ou moi deteriorados, o que está a xerar queixas naqueles barrios nos que comezou a renovación pola mala imaxe que se transmite.

Ante esta situación, Ameijide insta ao Concello de Lugo a licitar un contrato de subministración para renovar os colectores de vidro do municipio.

Ademais, o popular insta a Lara Méndez a instalar de inmediato o 5º colector, o marrón, algo de obrigado cumprimento por parte de Europa e que serviría para certificar que o compromiso medioambiental da alcaldesa “vai máis aló dunha foto ou do titular dun día”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies