Óscar Poy recorda que hai un mes que o goberno local actuou nesta pista que dá acceso a dúas vivendas polo que cómpre deixala en perfecto estado xa que non é comprensible que se deixase nesa situación
Óscar Poy pide ao goberno local o arranxo dunha pista en Piugos na que o Concello de Lugo actuou hai mes (amañouse en agosto deste ano) pero que presenta un defecto importante no firme: unha rodadura importante dun vehículo pesado.
“Á vista de que o mes pasado actuaron na pista cremos que é necesario que fagan esta intervención para que quede en boas condicións”, explica Poy. O popular revisou esta pista despois da chamada dun dos veciños que pide que quede en boas condicións.
A pista en cuestión da acceso a dúas vivendas e “é unha mágoa que quede a medio amañar despois de investir no seu arranxo”. O popular explica que esta rodadura na vía débese ao estreito da pista, que dificulta o paso de vehículos pesados, como tractores, polo que un deste vehículos foi o que propiciou esta marca. “Trátase dunha intervención mínima e rápida que se pode realizar de inmediato e que non suporá un custe elevado para o Concello”, explicou, ao contraio que ampliar o ancho da vía para adecualo aos vehículos modernos, que entendemos que precisa de máis tempo, esforzo e inversión.