
O Grupo Popular presentará unha iniciativa a pleno para reclamar accións que se poden impulsar dende o ámbito local para o colectivo de celiacos. A concelleira popular lamenta que “a pesar de que existe un acordo de pleno de xaneiro do ano 2020 de cara a levar a cabo iniciativas encamiñadas a concienciar e colaborar co colectivo de persoas con celiaquía despois de dous anos sen ter feito nada”.
Os populares lamentan que pese a que houbo un aumento sustancial no número de casos novos, en parte debido a mellores ferramentas de diagnose, dende a administración local “cinguíronse a cumprir cuns mínimos e esquencéronse dos puntos que se consensuaron hai dous anos no salón de plenos”.
A concelleira Macamen López Silva explica que outra proposta que fará ao bigoberno é a de “establecer un programa de apoio ás familias con escasos recursos económicos que teñan algún membro que padeza a enfermidade celíaca ou outras intolerancias, facilitándolles unha serie de lotes mensuais de produtos alimenticios básicos sen glute. “Se todos notamos o subidón do gasto na cesta da compra, imaxinemos o que isto supón para o colectivo de persoas celiacas” engadindo que, segundo estudos feitos polas asociacións de afectados, en 2021 o gasto extra foi de 860 euros máis”.
Dende o PP tamén suxiren que se fagan convenios coa ACEGA e a Asociación Provincial de Hostalaría para levar a cabo varias iniciativas que poñan a Lugo no mapa da gastronomía accesible. Unha das peticións é “que nos futuros pregos de condicións das casetas do polbo se puntúe aquelas que ofrezan garantías para consumir o produto estrela do San Froilán”. Outra idea é se que faga un Tour de Tapas sen glute similares ao Tapas Picadillo de A Coruña, Santiago é Tapas, Sabores de Ourense ou Potealmorzo de Pontevedra.
Macamen López Silva aclara que “estas propostas suporían un novo reclamo para coñecer a hostalería da cidade a través de propostas de primeiro nivel para todos os públicos amantes da gastronomía que, ademáis, se elaboran con toda a seguridade para os que conviven con este tipo de diagnósticos”.
Esta batería de medidas presentámolas nun momento no que a cidade de Lugo conta con menos establecementos e puntos de distribución das sete grandes cidades co selo sen glute.