Sen categoría

O PP pide ao goberno local “empatía coas comisións de festas”

By 10 Xuño, 2024Sin comentarios

LUNS 10 DE XUÑO DE 2024

• O PP reivindica unha administración colaboradora e insta a que o goberno local se poña na pel das comisións de festas dos barrios e parroquias e que “busque entendementos xa que, as persoas que as conforman, de forma desinteresada, traballan para organizar eventos que fortalecen a veciñanza”

• A voceira popular Elena Candia subliñaba que “para todos a seguridade é crucial” pero a administración debe facilitar a organización das festas e non demonizalas comisións

• A popular reclama ao goberno local “transparencia nos prazos e igualdade nas condicións, así como nos avais que solicitan ás Comisións de festas” indicando que “hai diferenzas á hora de reclamar garantías xa que a uns lles solicitan 3.000 € a outros 5.000 € e a outros nada” aclarando que é “necesario dar certezas e seguridade xurídica”

• Dende o Grupo Municipal tildan de hipocresía ao BNG, responsable de cultura, lembrándolle como “a cinco días do último San Froilán non tiñan adxudicados os escenarios de Horta do Seminario, Praza de Santa María e carpas da Mosquera pese a dispoñen do funcionariado e de asesores para ter previstas as contratacións con suficiente antelación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies