Infraestruturas

O PP pide ao goberno local estudar o modo de conectar o saneamento de vivendas e empresas da Louzaneta

By 15 Agosto, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide sinala que algunha das vivendas atópase a menos de 10 metros da canalización polo que non se entende que estes veciños sigan a estar sen este servicio básico

O saneamento e o abastecemento seguen a ser dúas das grandes reivindicacións dos lucenses e non so dos que viven nas parroquias do rural. Moi preto da cidade, na Louzaneta, aínda quedan vivendas e empresas sen acceso a algún destes servizos, como ocorre co saneamento.

Neste caso, os afectados puxéronse en contacto co Grupo Municipal do Partido Popular para reivindicar o seu dereito a ter acceso a este servizo. O máis sorprendente, neste caso, é que algunha das vivendas e naves afectadas está a menos de 10 metros da canalización que da servizo a unha das urbanizacións da zona, polo que “non se entende que sigan sen ter a posibilidade estar conectadas a este sistema de evacuación de residuos”.

Esta reclamación xurdiu dunha das múltiples xuntanzas e visitas que os concelleiros populares realizan polos diferentes barrios e parroquias do municipio.

Neste senso, Antonio Ameijide lamenta a falta de interese do goberno local á hora de desenvolver o plan parcial da Louzaneta, algo que o Grupo Popular defendeu en pleno, pero ante o que PSOE e BNG decidiron votar en contra. “É unha mágoa a falta de coherencia do goberno local, que sempre pide iso á oposición pero que á hora da verdade votou en contra de retomar de inmediato os trámites para desenvolver o plan parcial do polígono da Louzaneta, unha promesa que Lara Méndez fixo aos industriais da zona en 2018, pero que segue a estar dentro dun caixón”, lamentou.

Pero a dotación de saneamento en diferentes zonas da cidade por desgraza é unha reivindicación recorrente, xa que rara é a semana na que algún lucense non se pon en contacto cos concelleiros populares para reclamar o acceso ao saneamento ou ao abastecemento. Unha das últimas denuncias realizadas neste sentido foi a de varios veciños de Chousas Vellas, no Carqueixo, que instaban ao goberno local que cumpra coas súas funcións e obrigas e dotasen de saneamento as súas vivendas.

Por se é necesario, o concelleiro popular recorda aos concelleiros socialistas e nacionalistas que a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local establece que son os municipios, é dicir: os concellos, os encargados de prestar os servizos de abastecemento de auga potable e de sumidoiros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies