Cafeterías municipaisInfraestruturas

O PP pide ao goberno local medidas para que as cafeterías municipais sexan atractivas e espazos de oportunidades para os emprendedores

By 3 Xuño, 2024Sin comentarios

LUNS 3 DE XUÑO 2024

 

  • A popular Mar Carballas puxo de manifesto a importancia destas dotacións para dinamizar as zonas onde se ubican e pide que non se repitan erros nos pregos de condicións como “o de permitir que a do Parque poida pechar os sábados e os domingos, días onde os lucenses poden disfrutar desta zona verde”

 

  • A edil reclama ao goberno local que preste atención este mes xa que “está a punto de caducar a concesión da cafetería municipal do CEI Nodus” instando a que se aceleren os procesos de licitación para que non peche ao público”; a popular tamén reclama  información do prazo de apertura da do Vello Cárcere, que nunca abriu, e que leva 7 anos pechada”

 

  • Mar Carballas: “É responsabilidade do PSOE e do BNG tomar medidas para revertir a situación de abandono de todos estes espazos, de titulariedade pública, destinados ao disfrute da cidadanía” manifestando que “o goberno local debería convertilos en espazos para xerar oportunidades de emprego e dinamización económica da cidade non de que sexan un lastre para o concello”

 

SITUACIÓN ACTUAL

 

A cafetería panorámica do Vello Cárcere e as que había nos centros sociais de Fingoi e A Milagrosa están pechadas.

 

A do CEI Nodus remata en xuño o contrato

 

Está por ver como se xestionará un espazo reservado para cafetería que hai no Auditorio de Magoi con vistas ao exterior e pouco sabemos da que quere montar o goberno local na Fábrica da luz

 

DERROCHE E IMPROVISACIÓN

 

Ante esta situación denunciamos o derroche e a improvisación de socialistas e nacionalistas xa que moitos destes espazos están ubicados en lugares emblemáticos pero os lucenses non podemos gozar delas porque “PSOE e BNG son incapaces de poñelas en marcha e de rendibilizar os miles de euros que gastaron nelas”.

 

  • A CAFETERRIA VELLO CÁRCERE, ata en 5 ocasións quedou deserto o concurso para xestionar este espazo privilexiado cunhas vistas paronámicas da Muralla está pechado.
  • CAFETERÍA PARQUE custou 720.000 €: Estivo pechada 7 meses en  2023 (de 16/01/2023 hasta agosto – 8 meses cerrada, una vez desierto) Cto max 10 años. Valor contrato: 18.000€ anuales

O prego de condicións permítelles que os dous días de descanso sexa o sábado e o domingo.

  • CAFETERÍA CENTRO DE CONVIVENCIA FINGOI:

Na acta da mesa de contratación do 07/10/2021 se indica que non se presenta ningunha oferta. Imos para 3 anos que está pechada.

As bases indicaban que era un contrato por 5 años. Canon 2.400€ anuales. Valor contrato: 23.400€ anuales

  • EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA ANEXA Ó CENTRO SOCIAL MUNICIPAL A MILAGROSA II: Solo publicados los pliegos.
  • CEI NODUS. O contrato da xestión desta cafetería remata en xuño deste anos. A adxudicataria paga 308€ anuais

(Firma cto 21/06/2019/ Dur max 5 años) FIN CONTRATO 20/06/2024

  • CAFETERÍA PISCINA CUBIERTA FRIGSA: 6.261,60 euros anuais/ Dur max: 5 años (Firma cto 20/08/2020)
  • AS PEDREIRAS: 14.853,60 € anuais/ Dur max 5 años (Firma cto 06/11/2020)

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies