Os populares critican que en vez de consolidar a estructura da pontella o bipartito se conformou con facer unha chapuza “e botou grava sobre a superficie co que o problema segue sen solucionar e a estructura segue afundíndose”
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular piden o arranxo inmediato dunha ponte na parroquia de Santiago de Saa xa que cada día que pasa afúndese un pouco máis, algo que puideron comprobar os propios concelleiros populares ao visitar a zona.
A actuación do bipartito nesta pontella roza o ridículo xa que despois de que lles trasladásemos este problema mandaron unha brigada e “botaron grava na superficie sen solucionar o problema de raíz que é que a súa estructura sigue afundíndose”.
Os edís do PP, simplemente con camiñar sobre esta ponte, viron como o chan se afundía pouco a pouco, polo que o perigo é máis que evidente nunha zona pola que pasan a diario vehículos pesados, coma tractores ou camións.
Unha situación ante a que os populares urxen ao goberno local unha actuación inmediata para garantir a seguridade e, sobre todo, agora que semella que o bo tempo chegou para quedarse, xa que coas inclemencias meteorolóxicas do inverno “a mellor época para arranxar esta ponte é agora”. “Moito nos tememos que de non tomar medidas a pontella non aguantará o vindeiro inverno”.