Os concelleiros do Grupo Municipal do PP explican que se trata dunha zona duns 25 metros cadrados, onde a maleza xa supera o metro de altura, e que non se desbroza a pesar de que si que se realizan as tarefas de limpezas nas rúas colindantes
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden ao goberno local que realice o desbroce da rúa Pintor Picasso, no entorno de Fingoi, onde a maleza xa alcanzou un metro de altura.
Preguntan os populares ao goberno local polos motivos de non realizar a limpeza da vexetación desta zona, xa que nas rúas colindantes si que se realiza e, como afirman os veciños, de xeito periódico, motivo polo que non se entende que non se realice a limpeza da vexetación dunha zona duns 25 metros cadrados, como tampouco se realiza o mantemento da zona.