Urbanismo

O PP pide ao goberno local que arranxe a Rúa da Rola, na Fervedoira, unha vía repleta de baches e maleza   

By 3 Agosto, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular sinala que se trata dunha intervención sinxela para o Concello de Lugo e que os veciños levan demandando moito tempo, pero sen obter unha resposta positiva por parte do goberno local

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden ao goberno local que acometa o arranxo da rúa da Rola, na Fervedoira, unha vía moi deteriorada.

Os populares piden intervir neste punto, xa que hai unha zona especialmente danada, duns 300 metros, xa que se trata dunha zona na que hai bastantes fochancas e que constitúe entrada e saída a varias vivendas, ademais de constituír unha saída para os veciños das Gándaras cara a Avenida Adolfo Suárez.

Para os populares “non é de recibo” que o goberno local permita que as rúas de Lugo sigan a presentar este estado, xa que poden provocar danos aos vehículos, sen esquecer que tamén é preciso realizar un desbroce para evitar que a maleza siga a invadir parte da calzada.

Os concelleiros populares sinalan que se trata de algo moi sinxelo de facer, polo que non comprendemos como o goberno local segue sen facer caso as queixas dos veciños que levan moito tempo pedindo que se arranxe esta rúa para ter un “acceso digno” as súas casas.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies