Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular fanse eco dunha reivindicación dos vecinos de Chousas Vellas, no Carqueixo, que piden ao goberno local que cumpra coas súas funcións e obrigas e doten de saneamento as súa vivendas, xa que, aseguran, “están fartos de falsas promesas e mentiras” xa que ven como non chega este servizo tan desexado.
Dende o Grupo Municipal Popular piden ao goberno local que estude “seriamente” esta petición xa que son 19 veciños os que quedan sen este “servizo básico” polo que se podería dotar deste servizo estas vivendas nun período de tempo breve e razoable, xa que é sinxelo de poñer en marcha esta dotación para estes veciños pola súa proximidade á rede de saneamento. “Unha vez máis vemos como este bigoberno local non atende as peticións dos veciños e unicamente actúan por impulsos xa que falamos dunha obra sinxela xa que as vivendas afectadas están a uns 300 metros da canalización”, explican.
Os populares recordan que hai un escrito presentado polos propios afectados ante o Concello de Lugo e que, dende o Grupo Popular, se presentará un rogo no pleno deste mes dentro da cota de proposicións que se ceden aos veciños de Lugo.
Dende o Grupo Municipal Popular poñen especial énfase en pedir ao goberno local que escoite as peticións dos veciños, especialmente as dos veciños das parroquias, xa que “é unha enorme necesidade de levar o saneamento” ás parroquias.
Por se é necesario, os concelleiros populares recordan aos concelleiros socialistas e nacionalistas que a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local establece que son os municipios, é dicir: os concellos, os encargados de prestar os servizos de abastecemento de auga potable e de sumidoiros.
Ante esta situación, dende o Grupo Popular xa anuncian que defenderán unha iniciativa para instar ao goberno local a que asuma as súas competencias e dote deste servizo a estes veciños.