Infraestruturas

O PP pide ao goberno local que estude solucións para facer accesible un edificio no Sagrado Corazón

By 10 Abril, 2023Abril 11th, 2023Sin comentarios

Os concelleiros populares fanse eco da reclamación dos veciños, que realizaron a primeira petición en 2018, e coinciden na necesidade de estudar algún tipo de solución xa que os servizos sanitarios ou de emerxencias terían serias dificultades no caso de ter que realizar algunha intervención no edificio

Os veciños dun edificio do Sagrado Corazón piden ao goberno local que estude todas as posibilidades para facer accesible o seu inmoble, unha reclamación que efectuaron ante o Concello de Lugo, por primeira vez en 2018.

Os veciños piden que se busquen solucións ante os numerosos chanzos que teñen que salvar para acceder ao edificio, un inmoble no que a maior parte dos veciños superan os 65 anos de idade e hai moitas dificultades para os servizos sanitarios ou de emerxencia no caso de que teñan que realizar algún tipo de intervención no edificio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies