Servizos xerais

O PP pide ao goberno local que o teléfono de información municipal 010 sexa gratuíto 

By 10 Setembro, 2020Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Sagrario Sánchez explica que foron moitos lucenses os que empregaron este teléfono de información para preguntar por diferentes trámites e pedir cita para acudir ao rexistro municipal, chamadas que en moitos casos se demoraron en exceso o que provocou custes cos que os cidadáns non contaban

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, explica que o seu grupo defenderá no vindeiro pleno unha proposición para que o goberno local realice as xestións oportunas para que as chamadas realizadas ao teléfono de información municipal 010 pasen a ser gratuítas para quen as realiza.

Sagrario Sánchez afirma que nas últimas semanas, a tenor das incidencias derivadas do Covid, foron moitos os lucenses que empregaron este teléfono para obter información sobre diversos asuntos pero que viron como en moitos casos non acadaron resposta algunha xa que os tempos de espera foron demasiado longos, polo que moita xente desistiu das chamadas. A sorpresa para os lucenses foi cando viron a factura telefónica, xa que viron como chegaban diversos cargos das chamadas a este número do que din “pensábamos que era gratuíto”.

Ante esta situación, e despois de estudar como en moitas outras cidades de España este teléfono de atención é gratuíto, “vemos necesario que en Lugo tamén o sexa”. A concelleira popular expresa esta necesidade en que, a pesar de que en Lugo o teléfono 010 ten unha alternativa gratuíta para chamar (982297100), calquera lucense ou turista que chegue á cidade e que desexe algún tipo de información chama ao 010 e cóbranlle por esta chamada.

E todo a pesar da promoción realizada polo Concello de Lugo do teléfono 010, que deixou entre a cidadanía a sensación de que este teléfono é gratuíto, sen realizar ningún tipo de promoción do número de información que realmente é gratis para os cidadáns.

Sagrario Sánchez puntualiza que despois de estudar a situación, vimos como hai diferentes opcións para facer gratuíto este número de teléfono polo que, en caso de aprobarse esta iniciativa, o goberno local non ten ningún tipo de escusa para facer que o 010 non custe nada a calquera persoa que chame.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies