Mercado e Praza de Abastos

O PP pide ao goberno local que se disculpe cos praceros polos seus ataques

By 14 Setembro, 2024Sin comentarios

• Para os populares “é inaceptable e irresponsable que a edil do BNG Cristina López , lonxe de tender pontes de diálogo cos comerciantes da Praza se reafirme hoxe nas súas acusacións” aclarando que “esa non é a actitude dunha administración colaboradora”

SÁBADO 14 DE SETEMBRO DE 2024

• Desde o Partido Popular queremos manifestar o noso total apoio ao comunicado emitido onte polos comerciantes da Praza de Abastos.

• Coincidimos co seu contido e lamentamos que o goberno local, coa intención de silenciar as súas demandas, intentase culpabilizalos da falta de limpeza do recinto en lugar de asumir a responsabilidade que ten o Concello nesta cuestión.

• Pero lonxe de intentar chegar a acordos hoxe a concelleira responsable do servizo, Cristina López, se ratifica nos ataques aos praceros “con esta actitude o único que consegue é provocar malestar e xerar un clima de tensión inecesario entre os comerciantes e de desconfianza entre a súa clientela, o que non beneficia a ninguén”

• Por este motivo esiximos ao goberno local que pida disculpas públicas, pola falta de respecto e os comentarios inadecuados sobre estes traballadores.

• Desde o Partido Popular non permitiremos que as voces dos praceros sexan silenciadas, nin que as súas necesidades sigan sendo ignoradas e, nese senso, lembrar como no pleno deste mes de setembro levaremos a pleno unha iniciativa para que se melloren as condicións da Praza e do Mercado.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies