Educación

O PP pide ao goberno local que solucione os problemas de filtracións e goteiras na gardería Gregorio Sanz

By 21 Novembro, 2022No Comments

A concelleira popular López Silva explicou que, cando chove a caldeiros, coma hoxe a auga entra en corredores e aulas

A concelleira do Grupo Popular Macamen López Silva esixe ao concello que arranxen o antes posible os problemas da Gardería Municipal Gregorio Sanz xa que cando chove a caldeiros hai goteiras e filtracións en corredores e nalgunha aula. Para a popular o goberno local debe solucionar os problemas que hai nesta gardería municipal e deixarse de parches que non impiden que cada vez que chova se inunde o centro.

O pasado 15 de xullo de 2022 o PP xa denunciou problemas de climatización neste edificio pedindo que se aproveitase o verán para buscar solucións. Pero sorprendentemente pese ao peche non se fixeron obras de mantemento.

Para Macamen resulta “indecente” a solución que lles deron que foi a entrega de dous ventiladores para cando vai calor, e 2 calefactores verticais para utilizar os días que vai frío.

López Silva o recriminan que PSOE e BNG se poñan como exemplo de gobernos que aplican técnicas bioclimáticas e de enerxías renovables cando en numerosos edificios públicos hai problemas debido a mala climatización.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies