Os populares pregúntanse “como pode fiscalizar un técnico os expedientes que el mesmo dirixe e coordina, parece un contrasentido e á cidadanía chirríalle”
O PP pedirá ao secretario municipal un informe sobre as novas funcións que a alcaldesa de Lugo asignou ao interventor en materia de urbanismo. Os populares reclaman un pronunciamento técnico que clarifique “se existen incompatibilidades coas novas atribucións que asumiu o interventor con respecto ás que ten como funcionario habilitado nacionalo”. Estas funcións, froito da crise no departamento de urbanismo, figura na orde do día da Comisión especial de contas e permanente ordinaria da alcaldía, gobernanza, economía e recursos humanos que se vai celebrar este luns, e que posteriormente elevarán ao pleno do xoves 29 de abril.
Para o PP “as funcións de coordinación son incompatibles coas de fiscalización, entendendo que o interventor, como coordinador de expedientes de alcaldía e urbanismo, non pode fiscalizarse a si mismo” insistindo en que “o interventor non pode intervir na produción administrativa xa que o seu traballo, precisamente, é o de control e fiscalización de expedientes”.
O PP asegura que é preciso un informe do secretario xa que hai dudas da legalidade desta asignación de funcións ao interventor lembrando que “segundo o disposto no artigo 6.3 do real Decreto 128/2018 do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional, se indica que só poderán asignarse funcións complementarias se son compatibles e se figuran na RPT atribuídas ao posto”