Sen categoría

O PP pide avanzar xa na licitación dos comedores escolares e revisar un servizo con queixas das familias

By 15 Abril, 2025No Comments

Mar Carballas lembra que o proceso leva 8 meses parado, dende que en agosto o concello desistiu da licitación, lembrando que neste momento se mantén o servizo cun contrato prorrogado

O Grupo Popular de Lugo considera necesario avanzar con axilidade na nova licitación do servizo de comedor e almorzo escolar dos CEIPs municipais, de cara a garantir un servizo estable e de calidade para o curso 2025/2026.

O pasado 1 de agosto de 2024, o Concello anunciou que desistía do proceso de licitación por un erro no estudo de custos, o que freou a contratación prevista. Desde aquela data non se déron novos pasos para retomar o procedemento, polo que consideramos prioritario poñelo en marcha canto antes.

Durante este tempo prorrogouse o contrato coa empresa que xa prestaba o servizo, malia que varias ANPAs trasladaron queixas relativas á variedade dos menús, á calidade dalgúns alimentos e á atención ás alerxias ou necesidades especiais dos nenos e nenas.

A concelleira popular Mar Carballas explicou que o PP presentou un rogo ao Pleno municipal solicitando ao goberno local que reactive canto antes a licitación e que revise o funcionamento actual do servizo para identificar posibles melloras.

A nosa intención non é criticar por criticar, senón contribuír a buscar solucións. A alimentación escolar é un servizo esencial para moitas familias e, por iso, debe estar ben organizado e adaptado ás necesidades reais dos centros e do alumnado.

“Se o Concello presta un servizo é importante facelo con responsabilidade e coa máxima calidade posible” concluía a edil popular.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies