Os populares solicitan a elaboración dun censo de tapóns urbanísticos de Lugo para dar prioridade e suprimilos de forma progresiva
O Partido Popular pide a Lara Méndez e a Rubén Arroxo que “en vez de soñar con un Vancouver ou cunha copia de Pontevedra e Allariz para Lugo poñan os pés na terra e resolvan cuestións prioritarias para mellorar á mobilidade e a seguridade da veciñanza”. O vicevocerio popular Antonio Ameijide explica que en numerosos barrios da cidade “hai estreitamentos de vías ou rúas que rematan en parcelas selváticas que requiren de intervencións e de orzamentos municipais”.
O vicevoceiro popular afirma que “ata o grupo popular seguen chegando peticións dos cidadáns para que se eliminen os tapóns urbanísticos que provocan problemas de tráfico, accidentes ou incluso risco para os peóns.
No ano 2020 o PP xa presentou, sen éxito na votación, unha iniciativa en pleno para que se fixera unha planificación e se avanzase na supresión destes estreitamentos en rúas que entorpecen o tráfico e a mobilidade dos peóns”.
Antonio Ameijide “á vista de que o goberno local non ten interese en acometer estas intervencións que demanda a cidadanía pediremos no vindeiro pleno un plan calendarizado para axilizar a supresión destes tapóns urbanísticos”. “Primeiro hai que elaborar o censo e logo dar a prioridade de onde actuar”
O popular reflexionaba que “somos conscientes de que é imposible eliminalos todos de golpe, tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica pero, en calquera caso é necesario afrontar estas intervencións de forma planificada, con orzamentos anuais”.
Tapóns urbanísticos LUGO
- Escultor Asorey (Residencia). A zona onde hai que actuar está situado na parte de atrás do Colexio do Divino Maestro no barrio da Residencia. Precísase abrir unha rúa (intervención duns 75 metros), que comunicaría Escultor Asorey coas rúas Evaristo Correa e Amizade. Con esta intervención pecharíase unha mazá, desconxestionaríase o tráfico da zona xa que estamos a falar dun novo eixo que uniría Fonte dos Ranchos coa rúa Portugal.
- Ramos Misioné (Magoi). No seu momento cando se reasfaltou a rúa (hai seis anos) dende o PP pedimos que se iniciasen contacto cos propietarios do solar que ten unha horta para que cedese un metro e medio e completar a vía. Non se fixo nada.
- Camiño de Pipín (Milagrosa) É un punto moi conflictivo porque está situado ao lado dun colexio e ás horas punta de entradas e saídas supón un verdadeiro perigo para os cativos e cativas.
- Camiño de Friás (comunica barrio do Sagrado Corazón con Galegos) Este é un punto negro de Lugo no que se incrementou o tráfico exponencialmente debido a apertura do Hula xa que moitos lucenses utilizan esta vía como atallo para ir ao complexo hospitalario.
- Rúa San Xillao (comunica Fontiñas con Rei Don García) Neste punto hai un estreitamento de 170 metros ao longo da rúa que linda con Apsnais. Sería convinte que se iniciasen contactos cos propietarios para abrir unha rúa en condicións.
- Xosé Novo Freire (comunica Ronda das Mercedes con Praza da Fonte do Rei – parte de atrás del Polvorín) Esta zona rexistra un intenso tráfico xa que está situada nas inmediacións dunha zona deportiva e tamén serve de atallo para os vehículos que acceden da zona sur cara ao centro da cidade.
- Rúa Mazaira.- Este tapón situado na zona norte é duns 240 metros de largo. Neste caso trátase de fincas polo que habería que iniciar conversas para recuperar o espazo para ampliar esta vía.
- Rof Codina (Montirón). O PP presentou unha iniciativa a pleno para eliminar este tapón que é un perigo para os veciños que teñen meterse na calzada para pasar así como para os usuarios dun centro de día e dunha gardería que hai neste punto.
- Outros tapóns urbanísticos na cidade atópanse en: Carril das Hortas, Juanla la Loca, Doña Urraca, Revista Ronsel, Rei Chiquito ou rúa Orquídea.