XOVES 9 DE NOVEMBRO DE 2023
- A edil do PP lembra que o 22 de agosto o Grupo Popular xa advertiu públicamente sobre esta cuestión pedindo explicacións ao goberno local sobre se tiñan previsto sacar un novo contrato cunhas condicións que se adaptasen á realidade de Lugo
- Hai que lembrar que a externalización das reparacións de fugas “se presentou como algo provisional pero ao final vemos como unha medida improvisada, que se xustificou para un breve espazo de tempo, estase a convertir en algo permanente”
PROPOSTA
- A proposta do PP é reforzar co persoal necesario a brigada municipal de auga “por un lado sería máis económico que externalizar o servizo e, por outro lado, garantiría unha maior eficacia nas reparacións das fugas xa que na práctica, hoxe por hoxe, ainda que haxa o servizo de 24 horas unha alta porcentaxe das incidencias as acaba solucionando a brigada municipal
- Os populares lamentan que a veciñanza teña que sufrir as consecuencias das malas decisións de socialistas e nacionalistas xa que os retrasos na maior parte das reparacións son por falta de medios (a empresa carece da maquinaria e dos recambios que se precisan) así como polas dificultades á hora de localizar as fugas