Seguridade

O PP pide explicacións sobre a suspensión do proceso selectivo das prazas para oficiais de policía local

By 15 Setembro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular quere saber cales foron os motivos polos que se suspendeu a convocatoria do examen para oficiais de policía local.

Para os populares a resposta que deu o bigoberno sobre “problemas loxísticos” non é crible polo que solicitará acceso á documentación deste procedemento así como copia de todas as actas do Tribunal. Asemesmo presentará unha batería de preguntas para resposta oral comisión

  1. Cales foron os motivos da suspensión do examen?
  2. A que problemas loxísticos se refire o Goberno Local cando xustifica a suspensión?
  3. Houbo algún tipo de renuncia nos membros do tribunal? En caso afirmativo, cal foi a causa?
  4. Existiu alguna conversa entre concelleiros ou membros do equipo de goberno con membros do tribunal?
  5. Presentouse algunha reclamación sobre o examen de oficiais ou de inspectores da Policía Local?
  6. Cal é a consecuencia desta suspensión? Paraliza o procedemento da selección de inspectores? Que prazo se baralla para a nova convocatoria?
  7. Van asistir os aprobados do examen de oficiais aos cursos Academia Galega de Seguridade Pública? Os retrasos nestas probas poden provocar outra retrasos noutras tomas de posesión?

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies