Servizos sociais

O PP pide maior inserción laboral dos desempregados con discapacidade

By 20 Abril, 2017No Comments

A concelleira popular Mari Teijeiro presentou unha iniciativa para favorecer  a creación de postos de traballo para este colectivo “con especial dificultade para acceder ao mercado laboral” contemplando actuacións de formación e  liñas de axuda para contratacións

O Grupo Municipal do Partido Popular  propón a posta en marcha dun Plan Municipal “para mellorar as condicións de empregabilidade daqueles traballadores con especiais dificultades para a súa inserción laboral “temos que ser capaces de dar resposta ás persoas que teñen máis dificultades para atopar un emprego e adecuar os seus perfís profesionais ás demandas dos sectores estratéxicos e emerxentes que as empresas requiran no curto e medio prazo”.

A concelleira popular indicou que este programa, que se estructura en catro eixos, ten que consensuarse co tecido social. A popular avoga por levar a cabo un maior control e mellora nas cláusulas de contratación do Concello de Lugo. A idea, matizou a popular, é mellorar a puntuación diante do compromiso de contratación de traballadores que teñan discapacidade unha vez que se inicia a prestación do servizo .

– A creación e desenvolvemento dunha política de intermediación entre o tecido empresarial e  social para a sensibilización, formación, concienciación e integración laboral das persoas con discapacidade. A popular suxire establecer convenios con Asociacións empresariais, CEL ou Universidade, entre outros abrindo o diálogo entre estas entidades e o tecido social.

– Que nos orzamentos para 2017 se contemple unha partida específica para a creación dunha liña municipal de axudas para o fomento da contratación de persoas con discapacidade así como a adaptación dos postos de traballo.

– Favorecer a creación de postos de traballo de especial protección para traballadores con especiais dificultades na súa inserción (persoas con discapacidade intelectual, mental e discapacidade física en grao de 65%).

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular consideramos que a incorporación ao mercado laboral é un factor destacado para conseguir a plena integración deste colectivo polo que “agardamos que o Goberno municipal apoie no vindeiro pleno á creación dun Plan municipal de mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade”.

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies