Tráfico

O PP pide medidas redutoras de velocidade na Estrada de Ombreiro

By 12 Febreiro, 2017Sin comentarios

 Antonio Ameijide afirma que numerosos lucenses trasladaron o seu “fondo malestar” pola “elevada” velocidade á que circulan os vehículos pola estrada LU-P-2902 “nun espazo que moitos lugueses empregan para pasear ou para facer deporte”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, pide ao goberno local que “con carácter de urxencia”, inste á Deputación Provincial a adoptar medidas redutoras de velocidade na estrada de Ombreiro na súa condición de titular desta vía.

Nese senso, Antonio Ameijide explica que numerosos lugueses teñen trasladado ao Grupo Municipal do Partido Popular “o seu fondo malestar” pola “excesiva rapidez” coa que circulan os vehículos pola Estrada LU-P-2902, xerando “situacións de risco evidente” para as persoas que empregan esta vía para pasear, correr ou andar en bicicleta. “A ninguén se lle escapan os perigos que provocan os automóbiles nunha vía con problemas de pavimentación en diversos puntos, cun déficit de iluminación evidente e onde a separación entre os espazos para vehículos e para peóns é insuficiente”, explica o vicevoceiro popular, dado que “as bolas de pedra, nos poucos puntos nos que as hai, non teñen dimensión suficiente como para garantir a integridade física dos viandantes”. “Iso por non falar de que hai moitos lugares nos que nin sequera existe espazo especificamente reservado para o peón, corredor ou ciclista”, subliña.

Deste xeito, o vicevoceiro popular avoga por “adoptar medidas que blinden aos peóns, ciclistas e corredores”, dado que “se a seguridade debe ser un elemento prioritario, máis o é aínda nun entorno tan empregado e cos problemas de alumeado e pavimentación como é esta vía”.

Por último, Antonio Ameijide reclama que, “paralelamente”, o goberno municipal dea cumprimento ao acordo plenario adoptado a instancias do PP en novembro pasado para a iluminación na marxe dereita desta estrada, “actuación que ten que reclamar á Deputación Provincial”, así como para a instalación de mallas de protección metálicas en pasarelas de madeira, “algunhas delas tamén neste entorno” e, “por suposto”, a reserva “axeitada” de espazos para peóns en todos os puntos nos que actualmente non existe ou é insuficiente.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies