O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, solicita ao goberno municipal que regule axeitadamente a fase semafórica nas interseccións entre a avenida Breogán e a rúa Orquídea así como entre esta última e a rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, pide ao goberno municpal melloras de tráfico no entorno do centro comercial Abella.
Tal como detalla o popular, “é unha reivindicación que, ademais dos usuarios das instalacións comerciais, tamén comparten moitos veciños da zona e que de feito se puxo de manifesto na comisión municipal do barrio de a Residencia”.
Entre as actuacións pendentes, “unha das máis urxentes é a actuación na regulación semafórica das interseccións entre a Avenida Breogán e a Rúa Orquídea e tamén entre a Rúa Orquídea e Aquilino Iglesia Alvariño”, nomeadamente nas horas de maior afluencia tanto ao centro comercial como aos dous centros educativos das inmediacións (o CEIP de Casás e o IES Leiras Pulpeiro). “Todo iso sen descartar a análise de alternativas como glorietas ou outros sistemas que dean maior fluídez e maior comodidade na circulación”, apunta Ameijide.
Paralelamente, o popular tamén reclama melloras no ámbito do aseo e a limpeza urbana logo de que “coa total pasividade do goberno, tanto do anterior como do actual, se foron xerando vertedoiros en fincas do entorno”. “É evidente que hai unha situación de deterioro que non fai que esta zona non sexa atractiva”, resume Ameijide.
Así mesmo, Ameijide insta aos socialistas a dar unha solución ao estreitamento situado entre a rúa Lamas de Prado e o remate da rúa Orquídea. Nese senso, pide mentres non haxa unha solución definitiva, que polo menos se acondicione e se sinalice axeitadamente ese embude de tráfico.
Por último, o vicevoceiro popular ironiza con que “ben sabemos que a alcaldesa, precisamente na inauguración do centro comercial, nin sequera a soubo colocar no mapa de Lugo, pero vai sendo hora de que, máis dun ano despois de tomar posesión, comece a adoptar medidas que repercutan nas condicións de vida de veciños e traballadores do entorno”.