Servizos sociais

O PP pide melloras no servizo de ludoteca e sacar a concurso o contrato caducado hai máis dun ano

By 7 Xuño, 2017Sin comentarios

A concelleira popular Mari Teijeiro afirma que “para evitar desigualdades na prestación do servizo, que se ofrece en tres centros sociais do municipio, é necesario cambiar o sistema de acceso, unificar horarios e programas”

O Grupo Municipal do Partido Popular critica o desinterese dos socialistas por impulsar e actualizar o servizo das ociotecas que funciona nos centros sociais de Maruja Mallo, Frigsa e Uxío Novo Neyra.

A popular Mari Teijeiro presentou un paquete de tres medidas para actualizar esta prestación que busca favorecer a conciliación familiar “o primeiro paso é sacar o novo prego de condicións que xa leva máis dun ano caducado”.  “Xa se pagaron, con reparos de legalidade uns 130.000 euros”  matizou a edil popular  lembrando que “o custe desta prestación é duns 9.500 ao mes”.

Outro punto que a popular propón abordar é a elaboración da Ordenanza municipal que regule o funcionamento dos servizos de atención á infancia que presta o Concello nas ludotecas e que, na actualidade, comprende o programa Aprende Xogando ou as Aulas abertas dos periodos vacacionais. Esta normativa debería contemplar, entre outros aspectos, a homoxeneización do servizo en idade de acceso e horarios “debemos evitar diferenzas de prestación segundo o barrio onde residan os rapaces e rapazas” Teijeiro aludía á oferta do pasado verán das ociotecas onde “había centros que admitían a nenos de tres anos mentres outros non, e onde nalgúns, o horario era máis amplo que noutros”. Outras cuestións para mellorar a prestación das ociotecas son “favorecer a matrícula por días soltos ou períodos semanais; facilitar a fórmula de matrícula on line e, na concesión das prazas, ter en conta baremos máis xustos e non só atender á orde de inscripción; mellorar a rátio de atención (a día de hoxe é 1 monitor x 26 menores ou 1x 30) e contar cun proxecto educativo básico e programacións adaptadas en caso de necesidades específicas así como garantir a substitución de persoal en períodos de incapacidade ou de descanso, contando sempre cun mínimo de 2 monitores por aula.

A terceira actuación que propón a popular Mari Teijeiro é chequear  o estado dos locais de Frigsa, Maruja Mallo e Uxio Novoneyra onde se presta o servizo de ociotecas “co obxecto de corrixir as deficiencias que podan presentar estes espazos en canto a climatización ou saneamento”.

O GMPP de Lugo avanzou que pedirá explicacións á Concelleira responsable da area de benestar e igualdade sobre o funcionamento deste servizo na vindeira Comisión de Benestar. Teijeiro esixiu á concelleira socialista “unha maior implicación para o desenvolvemento de acordos plenarios que redundan en beneficio da cidadanía”. A edil do PP enumerou outros incumprimentos de acordos plenarios como a elaboración do pacto contra a probreza, a reactivación da Mesa Técnica para tratar a violencia de xénero ou a elaboración do regulamento de funcionamento dos centros de convivencia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies