Zona rural

O PP pide movilizar unha brigada para limpar e renovar a sinalización viaria das parroquias do rural

By 4 Setembro, 2021Sin comentarios

O popular explica que é preciso un compromiso do bigoberno para levar a cabo un plan urxente de renovación deste mobiliario xa que se facilitaría a circulación aos vehículos de emerxencia, repartidores ou taxis que se desprazan polo entramado da rede municipal. “O bigoberno debería ter máis sensibilidade con este asunto xa que na zona rural hai unha poboación envellecida que cada vez precisa máis servizos sanitarios ou de reparto de compras … etc”. O concelleiro popular Manuel López explica que hai axudas de diferentes administracións para adquirir nova sinalización manifestando que “é unha mágoa que PSOE e BNG desatendan as reiteradas peticións da veciñanza e do Grupo Popular”.

Manuel López afirma que non se trata de algo puntual, xa que por desgraza é unha cuestión que dende o Grupo Popular levamos anos reclamando e afea ao bigoberno por desentenderse deste problema “hai sinais que denunciamos en comisión e seguen na mesma situación ou nalgún caso ainda máis deterioradas polo paso do tempo”.

O concelleiro popular realizou unha revisión de boa parte das estradas que son de titularidade municipal e comprobou como moitos dos indicadores unicamente precisan algo tan sinxelo como unha limpeza ou volver a colocalos no seu lugar porque caeron. “Vemos como na maior parte dos casos non se precisa dun investimento astronómico senón que o que se necesita é ter un mínimo de interese por atender esta xusta demanda dos  veciños que solventarían enviando as brigadas municipais para enderezalos e limpalos”, apuntou.

López asegura que este problema non é menor, xa que debido ao mal estado no que se atopan a maior parte dos sinais, son moitos os taxistas, condutores de ambulancias ou repartidores que teñen numerosas dificultades para chegar a algúns núcleos. Os populares engaden que cun mantemento periódico deste mobiliario viario non habería que lamentar este tipo de situacións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies