Auditorio

O PP pide o amparo da Valedora do Pobo por boicotearnos a entrada ao Auditorio

By 7 Marzo, 2024Sin comentarios

07 DE MARZO 2024

 

  • Enrique Rozas manifestou que “dicir que non recibiron dúas peticións dirixidas á alcaldía, para visitar esta dotación cultural, non é crible” e que esta situación podería ser outro indicativo “das trabas que este goberno local pon ao labor de fiscalización”

 

  • O vicevocerio popular manifestou que “a realidade é que o Concello de Lugo está a impedir de maneira reiterada o labor de control á oposición coa obstrucción ao acceso ás inistalacións municipais, demoras indebidas a acceso de expedientes ou coa negativa á entrega de copias dos mesmos”

 

  • Sobre o caso do veto a entrar no auditorio o popular abondaba que “resulta difícil crer que houbera un erro reiterado á hora de derivar dous escritos do mesmo tema, rexistrados no Rexistro Xeral da Sede electrónica en diferentes datas, xa que trascurriu tempo suficiente para subsanalo e enviar o documento ao departamento de alcaldía que figura no pé de páxina”

 

  • “Non imos permitir que recurten os dereitos do grupo político con máis concelleiros da corporación e que nos boicoteen de forma habitual no noso labor como oposición e por iso presentaremos en vindeiros días unha queixa á valedora do pobo”

 

CRONOLOXÍA DOS FEITOS PETICIÓN ENTRADA AUDITORIO MAGOI

 

  • O Grupo Popular rexistrou 2 escritos solicitando acceso ao edificio do Auditorio de Magoi trala confirmación, por parte do goberno local, en decembro de 2023, de que esta dotación estaba lista para a súa apertura.
  • O primeiro presentouse o 10 de xaneiro, e diante da falta de contestación reitérase a petición o 14 de febreiro. Logo de que pasasen 5 días hábiles sen resposta interpretamos que se trata dun silencio administrativo positivo e comunicamos, este luns 4 de marzo, a nosa intención de visitar o Auditorio de Magoi o luns 11 de marzo.
  • Curiosamente esa petición coincidiu coa visita que fixeron Alvarellos e Arroxo a esta infraestructura e a que non se invitou nin comunicou ao grupo popular.
  • Un día despois desta comunicación, recibimos vía correo electrónico unha resposta na que se explica “que alcaldía non tiña coñecemento” dos escritos de 10 de xaneiro e 14 de febreiro porque foron “derivados a outro departamento”. Tamén  se nos indican que a visita do vinderio luns “non é posible  organizala e que nos próximos días contactaran co grupo para concretar unha nova data”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies